O virus pasa doadamente de persoa a persoa. No Estado Español constatáronse 10 casos -dous en Galiza-, e unha das persoas afectadas non viaxara a México coma o resto.
Porén, o goberno mexicano sinalou que só pode confirmar sete casos de persoas que finaron por causa do virus H1N1.
A Organización Mundial da Saúde clasificou como alerta de nivel catro (sobre seis) o risco de que a expansión deste virus provoque unha epidemia mundial.
Dispoñibilizamos as respostas ás preguntas máis frecuentes sobre o virus da gripe porcina e as súas características, así como o xeito no que afecta os seres humanos.
No Estado Español chegan a oito os posíbeis afectados. No noso país, "de momento non hai constancia de ningún caso sospeitoso de contaxio".