Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALARMA SANITARIA

O Sergas ordena incrementar a vixilancia médica por mor da gripe porcina

A Consellaría de Sanidade fixo público este domingo un comunicado no que se afirma que "de momento non hai constancia de ningún caso sospeitoso de contaxio".

Redacción - 16:30 26/04/2009
Tags:

En Galiza “non hai constancia de ningún caso sospeitoso de gripe porcina en humanos”, aseguran dende o Goberno. A primeira hora da tarde deste domingo, a Consellaría de Sanidade fixo público un comunicado no que asegura que os centros sanitarios de todo o país xa están a aplicar dende esta fin de semana o Protocolo Internacional de Seguimento da Pandemia da Gripe, que consiste basicamente en incrementar a vixilancia.

A consellaría tamén puxo na súa web diferentes o comunicado informativo do Ministerio de Sanidade e o da OMS. Ademais, na súa intranet, ofrece instrucións específicas para os profesionais do Sergas.


2,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: