Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto ACB

Doce derrota no debut do Xacobeo Blusens

O equipo galego, que debutaba na ACB, perdeu na casa contra o Barça por 63-80.

Redacción - 13:10 11/10/2009

O Xacobeo Blusens non puido co Regal Barcelona no partido en que debutou na liga ACB. O conxunto compostelán marcou 63 puntos fronte aos 80 do equipo catalán. En calquera caso, o Obradoiro marchou cun bo sabor de boca, tanto polo feito de que o seu opoñente é un dos favoritos a gañar a liga como por se ter estreado perante case seis mil persoas, co Multiusos do Sar ateigado.

O máximo anotador do equipo galego e de todo o partido foi Jackson, con 20 puntos, fronte aos 19 marcados por Navarro, do Barça. A pesar da diferenza final, o Xacobeo Blusens puxo en apuros ao seu rival, con momentos de presión no marcador como o axustado 34-40 do minuto 23 do encontro.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: