A pontevedresa gañoulle á estadounidense Alexa Glatch e xogará dezaseisavos contra a canadense Aleksandra Wozniak. De vencer, en oitavos enfrontaríase a Serena Williams.
A mellor tenista galego de todos os tempos, a pontevedresa Lourdes Domínguez, acaba de confirmar este seu título, pasando á terceira rolda do torneo Roland Garros, ao meterse entre as 32 mellores xogadoras.
Domínguez gañoulle á estadounidense Alexa Glatch por 7-6 (0) e 7-5, e xogará este sábado contra a canadense Aleksandra Wozniak. Con esta clasificación rubrica o mellor papel feito por unha xogadora de tenis galega nunha cita do Grand Slam ademais de ser o mellor da súa carreira. No caso de gañarlle a Wozniak, nos oitavos de final a Domínguez cruzaríaselle por diante a deportista mellor pagada de todos os tempos, a poderosa Serena Williams.