A pontevedresa despediuse da proba individual da Copa Colsanitas colombiana, ao perder fronte á italiana Sara Errani.
Lourdes Domínguez (78 na listaxe de mellores xogadoras do mundo) despediuse esta cuarta feira da proba individual da WTA, a Copa Colsanitas, de Bogotá (da que fora campiona en 2006), ao perder por 6-0 e 6-3 na segunda rolda fronte á italiana Sara Errani (66).
Nos partidos xogados anteriormente entre as dúas tenistas (catro), a galega gañara dous e perdera os outros dous, polo que o enfrontamento desta cuarta presentábase moi igualado. Mais, a pesares do bo comezo de Domínguez, que lle gañou á arxentina María Irigoyen por 6-4 e 6-0 na primeira rolda, na segunda non tivo tanta sorte.
A tenista galega tamén se salvou na primeira rolda da competición de dobres, formando parella con Arantxa Parra. Agora van de terceiras na cabeza de serie, tras gañarlle á parella formada pola francesa Sophie Lefevre e a rumana Agnes Szatmari.