O torneo é puntuábel para o circuíto WTA, onde a galega baixou do posto 78 ao 84 a pasada semana.
A tenista pontevedresa Lourdes Domínguez Lino clasificouse esta segunda feira para a seguinte rolda do Torneo de Acapulco (México) (puntuábel para o circuíto WTA e que reparte 124.542 euros en premios), tras gañarlle á xaponesa Rika Fujiwara (189 na listaxe das mellores xogadoras do mundo).
A galega tivo que dar o mellor de si para superar á tenista nipona, mais ao final fisco por 7-5 e 6-3. Esta cuarta feira medirase á gañadora do duelo entre a española Arantxa Parra Santoja (362) e a estona Kaia Kanepi (67 na listaxe das mellores xogadoras a nivel internacional).