Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONVENIO cos SINDICATOS e coa PATRONAL

Traballo destina 650.000 euros a cursos de prevención de riscos laborais

O acordo inclúe cursos de prevención de nivel básico, superior e mais xornadas e seminarios.

Redacción - 18:16 03/04/2008

O Goberno deulle o visto e prace a un convenio de colaboración entre a Consellaría de Traballo, os sindicatos CIG, CCOO e UXT e mais a Confederación de Empresarios de Galicia para desenvolver actividades de prevención de riscos laborais. O orzamento destinado a este fin durante 2008 supera os 650.000 euros.

As iniciativas cubertas polas axudas son cursos de nivel básico de prevención, de 30 a 50 horas, de prevención de nivel superior, de 600 horas, e xornadas técnicas e seminarios da mesma temática, de cando menos 5 ou 6 horas de duración.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: