Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTUDIO DA CIG

As pemes galegas suspenden na prevención dos riscos laborais

Case un 70% da pequena e mediana empresa en Galiza non organizou o apartado de prevención de riscos e só un 15% do empresariado lle consulta aos traballadores sobre a materia, malia a obriga legal de proporcionarlle esta información aos empregados. A CIG advirte dun problema crecente agravado pola precariedade laboral e as sentenzas que están culpabilizando aos traballadores lesionados dos danos padecidos en accidentes de traballo.

- 08:35 10/11/2004
Tags:

Do informe elaborado polo gabinete técnico de saúde laboral da CIG durante o pasado ano, destaca a constatación de que a mentalidade do empresariado fronte ás novas recomendacións para a prevención de riscos no traballo é ver estas esixencias coma unha "nova taxa", no canto de valorar a importancia de garantir a seguridade dos traballadores.

Segundo o sindicato, está situación está complicando gravemente a calidade das accións a desenvolver xa que non só é escasa a información respecto ás normativas no contorno da empresa, senón que existe "escasa vontade política" dende as administracións para a súa aplicación e "a periodicidade das revisións para detectar patolóxias específicas do posto de traballo están a anos luz de ser as adecuadas".


Ligazóns

0/5 (0 votos)