Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Curso básico de prevención de riscos laborais

A Asociación de empresarios usuarios de chan industrial de As Pontes, SEARA,organiza un curso para reduci-la siniestralidade laboral. As clases desenvolveranse na última quincena deste mes de Xuño.

- 09:44 17/06/2003
Tags:

O curso vai dirixido ós traballadores das empresas de As Pontes, delegados de prevención, empregados designados e membros de comités de seguridade e saúde, e tamén ós empresarios que vaian asumi-la actividade preventiva.

Terá unha duración de 50 horas lectivas e abordará os conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo; prevención de riscos laborais na empresa; lexislación; seguridade nos centros de traballo; hixiene industrial; ergonomía e pantallas de visualización de datos; sistemas elementais de control de riscos; e plans de emerxencia e evacuación. O programa tamén inclúe unha sección destinada ós primeiros auxilios; avaliación de riscos laborais; e riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa.

O curso básico de prevención de riscos laborais impartirase durante dúas semanas consecutivas, do 16 ó 27 de Xuño, en horario de catro a oito da tarde, de luns a venres.A Fraternidade Muprespa será a encargada de impartilo, na aula polivalente da Casa Dopeso.
Para formaliza-la matrícula e para calquera outra consulta os interesados poden dirixirse ó teléfono 669-850049.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: