Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CICLOS DE TEMÁTICA SOCIAL

Cine, dereitos humanos e pobreza

O CGAI e o Club Internacional de Prensa programan estes días mostras audiovisuais sobre a marxinación.

Redacción - 19:26 06/11/2007
Fotograma de 'Invisíbeis'

Fotograma de 'Invisíbeis'

Este martes comeza no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), na Coruña, o ciclo Cine e Dereitos Humanos, que conta coa colaboración de Amnistía Internacional. Durante o mes de novembro proxectaranse cinco filmes de temática social e procedencia diversa.

Abre o ciclo Invisíbeis, de Wim Wenders, de Wim Wenders, Fernando León, Javier Corcuera, Isabel Coixet e Mariano Barroso, o martes 6 ás oito e media do serán. Na presentación estarán presentes membros de Amnistía Internacional e Marie Castro, de Médicos Sen Fronteiras.

O resto da programación fórmana Bamako, de Abderrahmane Sissako, que se proxectará o xoves 8 ás 20:30, e Un por cento, esquizofrenia, de Ione Hernández, o venres 9 ás seis da tarde. O sábado 10 será a xornada de clausura, con dobre sesión: A bandeira negra, de Amando de Ossorio, e O taxista ful, de Jo Sol. Estarán presentes membros de Amnistía Internacional. Todas as sesións deste ciclo son de balde.

Por outra banda, o simposio Pobre Mundo Rico, organizado polo Club Internacional de Prensa, está a organizar o ciclo itinerante Cinema contra a pobreza, que está a percorrer as cidades onde se desenvolven as conferencias. Este mércores 7 chegarán á Facultade de Ciencias da Comunicación, no Campus Norte de Compostela. Alí proxectaranse as curtametraxes de animación A guerra non Iraque e Patmos, e mais o documental Camiño da extinción, episodio da serie de TVE Voces contra a globalización... outro mundo é posíbel?


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: