Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
FILMES DE PETER WHITEHEAD

Volta aos 60, este mes de febreiro, no CGAI

O CGAI amosa unha programación ben interesante para este mes: ademais de pechar o ciclo sobre 'A xeración da violencia nos EUA' e de Larry Clark, e de continuar co habitual 'Fóra de serie', introduce a figura do documentalista Peter Whitehead. A súa cámara recolleu os movementos (contra)culturais e sociopolíticos dos anos 60, e iniciou a cibercultura e os promos pop. Deixou o cinema e converteuse en novelista e criador de falcóns, pero deixou un legado de cinema sobre o Londres daquela, as protestas contra a guerra de Vietnam, e a vangarda artística e musical de Pink Floyd, Led Zeppelin, Hendrix, ou os Rolling Stones.

- 18:17 01/02/2007
Tags:

Dirixiu filmes como Tonite Let´s all Make Love in London (1967) ou The fall (1969), e ademais desta retrospectiva gozaremos de dous documentais (In the beginning was the image e Nothing to do with me.

Ademais continúa A xeración da violencia, xa na cuarta tempada. Seguiremos coñecendo o estilo cru de cineastas estadounidenses que debutaron nos anos 40 ou 50: Don Siegel (Baby Face Nelson), Anthony Mann (O home do Oeste), Richard Brooks (Deadline USA) ou Robert Aldrich (O emperador do norte). Remata tamén a retrospectiva sobre o fotógrafo e cineasta estadounidense Larry Clark, coa proxección de Ao final do Edén (1998), protagonizada por James Woods e Melanie Griffith, o seu último filme Wassup rockers! (2005) e o segmento do filme colectivo sobre os límites da representación do sexo Impaled (2005).

E por último, na sección 'Fóra de serie' completaranse vellos ciclos como o do finlandés Aki Kaurismaki, e coñeceremos a varios persoeiros a través de filmes biográficos: o arquitecto Frank Gehry e os músicos Neil Young e Daniel Johnston. Complétase a programación dun filme de animación de culto de Richard Linklater, Waking life (2001), e dúas curtas galegas: Alma esquecida e Septiembre. Á parte, o 26 deste mes dará comezo un curso que ha durar até o 2 de marzo, impartido polo cineasta Paulino Viota: Histoire(s) du cinéma de Jean-Luc Godard. O CGAI fará un pase dun dos filmes do autor francés, a comedia Corpo a corpo (1982).


Documentos

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: