Victorino Pérez Prieto, Segundo Pérez López e Andrés Torres Queiruga analizan os cinco primeiros anos de Bieito XVI á fronte do Vaticano.
O secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone, realizou as polémicas declaracións na súa visita a Santiago de Chile.
A Oficina de Prensa da Santa Sé matiza as palabras do predicador da Casa Pontificia, Raniero Cantalamessa, durante o seu discurso de Venres Santo.
O arcebispo de Milwaukee alertou en 1996 a Congregación da Doutrina da Fe, dirixida polo actual papa, mais non houbo resposta.
O Canal Irimia achega conversa cun dos teólogos máis prestixiosos, antigo xesuíta e perseguido agora de perto pola inquisición vaticana.
José María Castillo é un dos grandes da teoloxía en España e no mundo. É un teólogo que sabe combinar á perfección o ensaio profundo e a divulgación. Por iso se converteu nun teólogo de referencia. Hai uns anos deixou a Compañía de Xesús. É un teólogo, como todos os que están en fronteira, perseguido por Doutrina da Fe (con varios mónitums contra el), pero que segue na brecha. Por exemplo, co seu novo ensaio editado por Trota: A humanización de Deus.
A versión orixinal desta entrevista podedes atopala en Religión Digital, de onde foi tomada e traducida.
Chea de gozo e ledicia recibiu toda Galicia a confirmación da viaxe que o Santo Padre vai realizar o próximo 6 de novembro á nosa terra. Os nosos representantes políticos, xa de dereitas ou de esquerdas, estatais, autonómicos ou locais, por non dicir a xerarquía eclesiástica, aplaudiron o anuncio desta visita. A Galicia eclesiástica e a leiga fundíronse nunha aperta nisto que a Constitución deu en chamar Estado aconfensional, reafirmando, por outra banda, esa visión roucovareliana do difícil que é ser actualmente católico no noso país.
O pasado 10 de decembro celebrouse un novo aniversario da proclamación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Cando se consolidou en España a Corrente Somos Igrexa, fai xa trece anos, redactouse un manifesto de dez puntos baseado no documento orixinal do movemento Somos Igrexa e ampliado nalgúns aspectos.
O catolicismo Romano lanzou aí atrás algo así como unha OPA hostil contra a Igrexa anglicana, que vive días azarosos pola ousadía de querer saír das tebras dun pasado que, por máis que porfíen algúns, é distinto có presente.
O director do observatorio astronómico do estado católico viuno posíbel aínda que "moi difícil".
Ocupará 300 hectáreas e custará uns 500 millóns de euros. O seu prezo compensarase coa venda da enerxía sobrante a Italia.
A súa revista oficial rendeu unha homenaxe a este electrodoméstico no Día Internacional da Muller, destacando o papel desta máquina na emancipación feminina.
A publicación oficial da Igrexa católica asegura que o sexo da persoa determina cales serán os seus pecados.
O recente pasamento de Eluana Englaro remata co seu sufrimento e o da súa familia, mais deixa tras de si unha profunda crise institucional.
O Papa Benedicto XVI condeceu a dispensa ao presidente paraguaio, que perde o estado clerical e volve a ser laico.
O embaixador español no Vaticano viaxou esta cuarta feira a terras lucenses para dar o Pregón da Caridade.
O astrónomo xefe do Papa di que mesmo poderían estar libres do 'pecado orixinal'. O Reino Unido desclasifica documentos sobre OVNIs.
O menor Estado independente do mundo, o Vaticano, conmemora este luns os 79 anos dos Pactos Lateranenses.
O Goberno da Arxentina explicou que Alberto Iribarne "é unha persoa exemplar" e considerou que non debe ser condenado" por estar divorciado. Aínda non aceptan a súa postulación como representante na Santa Sé.
Critican os fins "prohibicionistas" e de represión de dereitos que tería a "alianza" da igrexa católica e determinadas forzas políticas.