O astrónomo xefe do Papa di que mesmo poderían estar libres do 'pecado orixinal'. O Reino Unido desclasifica documentos sobre OVNIs.
O sacerdote arxentino José Gabriel Funes
O sacerdote José Gabriel Funes, astrónomo xefe do Papa, sinala nunha entrevista publicada polo semanario L'Osservatore Romano que seres vivos intelixentes creados por Deus poderían existir noutras partes do Universo.
Funes, director do Observatorio astronómico Vaticano, é un importante científico, respectado na comunidade internacional, que colabora con universidades de todo o mundo.
Segundo afirma na entrevista -que o redactor titula Os extraterrestres son os meus irmáns-, a procura de formas de vida extraterrestre non se contradí coa fe en Deus.
Do mesmo xeito que hai diversidade biolóxica na Terra, afirma, tamén sería posíbel que houbese alieníxenas extraterrestres no espazo exterior, que mesmo poderían estar libres do pecado orixinal.
Avistamentos de OVNIs no Reino Unido
Por outra banda, o ministerio de Defensa do goberno británico fixo públicos por primeira vez os informes sobre avistamentos de OVNIs do período 1978-1987.
Os documentos poden ser descargados da web do National Archives.