Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: auga

'Auga pura no mundo' (agás no Vietnam)
14/Abril/2010 /

'Auga pura no mundo' (agás no Vietnam)

Vítimas vietnamitas do Axente Laranxa critican a campaña promovida polas compañías químicas estadounidenses Dow e Monsanto, fabricantes do tóxico como arma.


O conflito de Oriente Próximo frea o acordo sobre auga da Unión do Mediterráneo
14/Abril/2010 /

O conflito de Oriente Próximo frea o acordo sobre auga da Unión do Mediterráneo

O desacordo sobre o eufemismo co que referirse á situación de Palestina impide pacto sobre abastecemento de auga, chamado a ser un dos problemas prioritarios da rexión en breve.


27/Outubro/2009 /

Israel priva os palestinos de auga potábel

Amnistía Internacional (AI) denuncia nun informe o bloqueo e control total sobre os recursos hídricos.


5/Xullo/2009 /

Preferimos bañarnos en auga suxa

En Galicia contamos cun dos recursos naturais máis valiosos para a humanidade: a auga. E por riba, contamos con ela en abundancia. Poderiamos dicir que en demasiada abundancia. Tanta, que o noso consumo é abusivo. E abusivo non significa simplemente que se consuma auga en exceso, senón que ademais se maltrata a súa calidade. Pensamos que a auga é como un disolvente universal: pode con todo. Que é capaz de purificar e desfacer todo canto refugallo lle enviemos: aceites, lixivias, pinturas, e moito máis. O desaugue do vertedeiro é usado por miles de familias como a vía máis cómoda para desfacerse dos residuos domésticos.


4/Abril/2009 /

Bodegón

Dicía o filósofo aquel que do caos xorde a orde? Con tanto fervedoiro tecnolóxico as temperaturas espremen os corpos e os ciber-romeiros teñen que mollar a gorxa. Que corra a auga, ou o que lle cadre.


A poboación mundial precisará un 50% máis de enerxía e alimentos para 2030
23/Marzo/2009 /

A humanidade precisará até un 50% máis de enerxía e alimentos en 2030

John Beddington, prestixioso asesor científico do goberno británico, prevé guerras, tensións sociais e migracións masivas.


22/Marzo/2009 /

A necesidade dunha nova cultura da auga

Investigadores e ecoloxistas coinciden en propostas a prol de modelos de xestión hídrica baseados en criterios ambientais.


1/Outubro/2008 /

A sonda Phoenix detecta a primeira nevada en Marte

A sonda estadounidense vén de detectar, por vez primeira, unha nevarada sobre a superficie do planeta vermello, grazas a un láser concibido para analizar as interaccións entre a atmosfera e a superficie de Marte.


1/Agosto/2008 /

A auga marciana relanza a investigación sobre a habitabilidade de Marte

O achado da sonda espacial Phoenix dálle novos azos aos estudos sobre se o planeta Marte foi ou pode ser algún día habitábel.


12/Xullo/2008 /

Quintana anuncia 6,5 millóns para impulsar o turismo termal e náutico

O vicepresidente da Xunta inaugurou a Semana de Galiza na Exposición Internacional, onde o noso país conta con especial protagonismo como "terra da auga".


31/Maio/2008 /

Comeza en Compostela o programa Auga en Etiopía

Unha exposición, un seminario, unha conferencia e unha peregrinación simbólica pretenden concienciar a poboación do problema da escaseza de auga.


Marte
26/Maio/2008 /

Fotos marcianas

Aterra en Marte a sonda espacial 'Phoenix', destinada a elaborar os primeiros estudos sobre auga noutro planeta.


20/Marzo/2008 /

Máis de mil millóns de persoas non poden beber un vaso de auga

ONGs de todo o mundo critican no Día Mundial da Auga a falta de iniciativas políticas fronte ao problema.


26/Febreiro/2008 /

Cando a análise do cabelo permite aclarar un crime

A policía científica poderá detectar a orixe xeográfica dun sospeitoso ou dun cadáver, e tamén a de billetes falsos ou cocaína


21/Xaneiro/2008 /

O noso audiovisual chega a Francia

'Auga' de Xosé Antón Perozo, participa no certame de curtametraxes máis importante do país galo.


27/Outubro/2007 /

Galiza fai un dos maiores desbaldimentos e da auga máis barata

Fugas e problemas nas redes de distribución fan perder anualmente até 47,5 millóns de metros cúbicos, cifra case similar á auga que a industria do país gasta no mesmo período.


17/Setembro/2007 /

Os perigos da 'Auga'

Xa está na rede a produción dirixida por Ozo que se estreou o venres 14 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.


14/Setembro/2007 /

"Aquí múdase cada tres meses de oficio, de cidade e de empresa"

Estrea unha curtametraxe definida como unha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais protagonizada en 8 minutos enteiros, por Marcos PTT e David Perdomo.


27/Xullo/2007 /

Mudanza radical na xestión municipal da auga

A entidade ecoloxista presenta unha moción para preservar os recursos hídricos nos principais concellos do país.


27/Xullo/2007 /

Verdegaia presenta unha moción municipal sobre recursos hídricos nos principais concellos galegos

Con esta moción, Verdegaia pretende trasladar aos concellos a urxente necesidade de acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, e a conveniencia de adoptar medidas que impliquen a toda a cidadanía fomentando a co-responsabilidade na procura dunha Nova Cultura da Auga.