Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Antón Perozo Porteiro, director de 'Auga'

"Aquí múdase cada tres meses de oficio, de cidade e de empresa"

Estrea unha curtametraxe definida como unha historia claustrofóbica de tintes sobrenaturais protagonizada en 8 minutos enteiros, por Marcos PTT e David Perdomo.

Redacción - 14:10 14/09/2007
Ozo recollendo o primeiro premio do Liceo de Vilagarcía, que gañou a súa primeira curta, 'Baseado en feitos que puideron ter acontecido'

Ozo recollendo o primeiro premio do Liceo de Vilagarcía, que gañou a súa primeira curta, 'Baseado en feitos que puideron ter acontecido'

Nun porto, unha noite, dous ladróns de pouca monta tentan roubar un automóbil. A partir de aí as cousas transfórmanse de normais a sobrenaturais, porque o coche non se deixa roubar.

A historia foi rodada en dúas noites no porto de Sada, nas que se fixeron uns 60 planos; moitísimos tendo en conta que en calquera rodaxe normal fanse 15 por día. Aproveitando ben o tempo saíu esta curta de 8 minutos que se estrea a sexta feira, ás 22:00 horas, no Teatro Principal de Compostela.

Esta non é a primeira curta de Ozo, que xa ten rodado Baseado en feitos que puideron ter acontecido, gañadora do Premio Galicia do Certame de Curtas Liceo Casino de Vilagarcía, que conta a historia de dous homes que levan unha furgoneta cargada de elementos sospeitosos. É de noite e teñen présa e de súpeto, son parados por un control da garda civil. Podedes vela enteira máis abaixo.

Esta é xa a súa segunda curtametraxe, mais tamén ten feito outras moitas cousas no eido audiovisual, non é?
Levo no audiovisual dende o ano 1994. Comecei traballando de cámara, facendo noticias para unha axencia e foi naquela altura cando o cinema galego espertou e comezaron a se facer filmes. Entón eu entrei de meritorio nunha destas primeiras producións e coma min moito xente comezou daquela. Tivemos a sorte de coller sitio, porque a cousa foi a máis e fomos dunha produción a outra. Eu estiven 7 anos de atrecista e despois entrei no equipo de dirección, como script e agora traballo como axudante de dirección, de xeito independente. Xa se sabe como é este mundo: cada 3 meses mudamos de oficio, de cidade e de empresa.

Onde foi rodada Auga?
Rodamos todo en dúas noites no porto de Sada. Eu son de Vigo, pero vivo na Coruña, e a meirande parte do equipo tamén, así que escollemos un peirao que estivese preto, e o de Sada era o perfecto, porque ten un certo ambiente decadente. Non é que sexa decadente, pero toda a zona portuaria ten un ar escuro, e é ben tranquilo, sen ruídos, o que nos viña moi ben para rodar.

E como foi formando o equipo? Rodeouse de compañeiros e amigos?
A sorte que temos os profesionais do audiovisual en Galiza é que nos coñecemos todos e hai moita xente que colabora desinteresadamente nos teus proxectos, e ti nos deles.

Tivo algunha axuda económica a curta?
Si. Recibimos unha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte, e o apoio da Dirección Xeral de Comunicación para a súa estrea, en Compostela.

Baseado en feitos que puideron ter acontecido, a primeira curtametraxe de Ozo:


3,5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: