Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Opinións

Xabier Cordal
MONTE ALTO

Xestión e billar

(5) O PP nomea conselleiros e din que choven xestores. Enteirámonos de que un deles foi da Falange “pero xa o deixou”, aclaran. O Presidente pídese os discursos, as flores para os mortos (para cando un recoñecemento institucional da agonía?) e o sorriso integrador. Mentres os xestores, e as xestoras,...



Rafael Cuiña
MOVENDO O MUIÑO

Démoslle unha nova oportunidade a Aznar

(21) Non me negarán que non é un título atrainte para un artigo en Vieiros…



Camilo Nogueira
LUGAR DOS ROMANZINHOS

Aventura inacabada

(5) Tal como se produciu a meados do século XX, a unidade europea pudo non suceder. Pasada a Segunda Guerra Mundial pudo primar a procura de camiños diverxentes, tal como ocorreu en 1918 e como pasara nas décadas finais do século XIX, nas guerras que precederon e anunciaron a Primeira Guerra Mundial....



Marcelino Fernández Mallo
A CERNA DO XALUNDES

Catro bandeiras

(0) Se este artigo advertise de primeiras, como de feito advirte, de que vai tratar de aplica-la vexiloloxía á nova Conselleira de Traballo Sra. Mato, seguramente o lector poríase en garda, en especial se o lector fose a propia Sra. Mato. A cousa tendería a relaxarse de clarifica-lo autor o significado...



José Luís Sucasas
OUTRA VACA NO MILLO

As ideas e mailas persoas

(7) Por estas calendas andan os políticos botando a lingua a pacer  e soltando aquelo de que “o que importa son as ideas, non as persoas”. Sempre que tal leo ou escoito, a miña inmediata reacción condénsase en frases feitas: unhas inocentes, tipo “outra vaca no millo”; outras desconfiadas, coma “que...



Eduardo Rego
A PONTE

Como se nada pasase

(3) O ex presidente Aznar volve esixir as mesmas medidas que o seu Partido demandaba a principios da crise económica dos anos 90 e que puxo en práctica parcialmente durante os seus oito anos de mandato, ao parecer, de xeito insuficiente aínda que durante catro anos gozase de maioría absoluta. Por...



Xabier Cordal
MONTE ALTO

Mini e Mero

(11) A historia comezara ben anos antes, mais para o que a nós respecta debían de correr as festas de agosto nunha pequena parroquia de Cariño. Na máquina de discos do bar, entre os éxitos de Raffaella Carrà e Bonie M., lucía coma un estandarte o único disco no noso idioma. Eu coaba un peso de mocete e...



Dani Álvarez
HAI QUE ROELO

Racista

(7) Anda montando balbordo a clase dirixente de Occidente porque no cumio mundial sobre o racismo, que se desenvolve en Suiza, o presidente do Irán, Mahmud Ahmadineyad, argumentou que a invasión israelí de Palestina e a súa actitude cara os cidadáns de orixe árabe tiña un carácter racista. Realmente,...



Rafael Cuiña
MOVENDO O MUIÑO

Malos tempos para a lírica

(10) Observaba estes días dende A Mariña lucense os actos da investidura do novo Presidente da Xunta cunha certa distancia, e no só xeográfica. Os resultados do pasado 1 de Marzo concretábanse no nomeamento dun home que sempre me deu a sensación de coherente e rigoroso, a pesares de non compartir algúns...



Camilo Nogueira
LUGAR DOS ROMANZINHOS

Unha penosa contradición

(28) De acordo cos resultados do Eurobarómetro do Parlamento Europeu feito público este día, a visión dos cidadáns sobre as próximas eleicións europeas está moi condicionada pola crise económica.