Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Baloncesto en cadeira de rodas

Galiza comeza gañando no seu debut internacional contra China

A irmandiña estivo moi motivada durante todo o partido, que terminou cun 61-55 no marcador.

Redacción - 10:41 23/06/2008

O pasado sábado na Coruña, a irmandiña do baloncesto en cadeira de rodas debutaba nun partido internacional fronte a China.

O resultado, 61-55 para os galegos, daba conta do bo nivel que hai en Galiza neste deporte, ademais da motivación que demostraro os e a irmandiña (a única moza, Vicky Alonso) ao enfrontárense a un equipo de enorme nivel, que está, ademais, a preparar a súa participación en Beixín 2008, onde vai ser o anfitrión.

A motivación dos galegos demostrouse na cancha

Galiza foi por diante no marcador dende o comezo do encontro, tal e como se pode ver nos parciais (16-10, 16-13 e 19-18); aínda que no último sufriron un bocado (10-14), xa que o equipo chinés decidiu apertar nos minutos finais.

O cinco inicial galego, dirixido por Antonio Riveiro, estaba formado por Berni Costas, Moncho Pombo, Tesouro, Envo e Mouriz. Tamén xogaron Agustín Alejos, Santi Comesaña, Javier Gómez, Alberto Fernández Capi, Vicky, Pedro Paz e Miguel Romero. O encontro dirixírono os colexiados galegos Jorge González Marqués e Javier González Arias. Nas gradas, apoiando o equipo, estiveron a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o concelleiro de Deportes da Coruña, Xan Caxigal; o presidente da Federación Galega de Minusválidos Físicos, José Luís Álvarez, e dirixentes de varios clubes de baloncesto en cadeira de rodas, que puideron gozar co bo xogo desenvolvido polo conxunto galego.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: