Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Estudo en 13.159 nenos nacidos nos noventa

O uso do móbil durante a preñez provoca alteracións na conduta no futuro neno

Expertos das universidades de UCLA, en Estados Unidos, e Aarhus, en Dinamarca, relaciónano coa hiperactividade e con disfuncións emocionais.

Redacción - 14:10 19/05/2008
O uso de móbiles un par de veces ao día multiplica o risco

O uso de móbiles un par de veces ao día multiplica o risco

As mulleres que usan teléfonos móbiles durante o embarazo teñen máis posibilidades de dar a luz cativos con problemas de comportamento, segundo un importante estudo elaborado por recoñecidos investigadores de Estados Unidos e Dinamarca.

Máis de 13.000 nenos daneses (13.159, concretamente), nacidos a finais da década dos noventa, formaron parte da análise, informa o xornal The Independent.

Os resultados, que serán publicados o vindeiro mes de xullo na revistal Epidemiology, proban que o uso dos móbiles dúas ou tres veces ao día é dabondo para multiplicar o risco de que os futuros nenos sufran hiperactividade, disfuncións emocionais ou da conduta así como problemas para se relacionaren na idade escolar.

A probabilidade aumenta aínda máis se os cativos usan o móbil antes de cumpriren os sete anos de idade, despréndese do estudo das universidades UCLA (California) e Aarhus Universitet (Dinamarca).

Relevancia do estudo

A súa relevancia é aínda maior, tendo en conta que Leeka Kheifets unha dos membros do equipo de investigación defendía dende hai tempo que non había evidencias sobre este tipo de relación nociva. Ademais, o estadounidense Sam Milham, pioneiro no estudo deste campo, sinalou a pasada semana que non había dúbida algunha da exactitude dos resultados.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: