Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
De reunión, de asociación, de folga ...

Os inmigrantes 'sen papeis' tamén teñen dereitos

O Tribunal Constitucional declara inconstitucional tres artigos da Lei de Estranxeiría aprobada polo goberno español na época de Aznar.

Redacción - 12:30 09/11/2007
A lei recoñece os dereitos só aos inmigrantes 'con papeis'

A lei recoñece os dereitos só aos inmigrantes 'con papeis'

O Tribunal Constitucional declarou a inconstitucionalidade de tres artigos da Lei (orgánica) de Estranxeiría aprobada polo goberno español no ano 2.000, segundo consta nun fallo publicado este xoves. A sentenza responde a un recurso interposto polo parlamento de Nafarroa.

En concreto, os citados artigo estabelecían que os estranxeiros terán o dereito de reunión, de asociación e de sindicación e folga -conforme ás leis que os regulamentan para os españois-, unicamente cando obtivesen autorización de estancia ou residencia no Estado Español, é dicir, só para os inmigrantes 'con papeis'.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: