Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: seleccion-nacional

Libia, 4 – Galiza, 5
25/Marzo/2010 /

Libia, 4 – Galiza, 5

A Irmandiña imponse en Guitiriz ao combinado do país africano. Este luns volveranse enfrontar noutro amigábel en Burela.


As selección nacional de fútbol sala enfróntase este mércores a Libia
22/Marzo/2010 /

A selección nacional de fútbol sala enfróntase este mércores a Libia

A actual campioa de África está dirixida polo galego Pablo Prieto, director deportivo do Azkar Lugo até 2009.


17/Decembro/2008 /

O Galiza-Chile está no aire

O Sindicato de Futbolistas Profesionais de Chile anunciou que o combinado sudamericano non vai xogar en Riazor. Deporte segue a negociar coa Federación chilena pero xa ten abertas outras posibilidades.


Moncho López
3/Xuño/2008 /

"Portugal pode bater as grandes seleccións"

Esta fin de semana enfróntase á súa primeira proba co combinado de Portugal: o Trofeo Masculino das Nacións, onde ha xogar contra Galiza, Cataluña e Euskadi.


19/Febreiro/2008 /

A selección galega volve xogar no Pro Evolution Soccer

A Plataforma pro-Seleccions Esportives Catalanes ofrece unha aplicación que lle engade a este xogo de computador o combinado galego, catalán, vasco e andorrano. Vieiros fixo algo semellante hai dous anos.


14/Febreiro/2008 /

Os portugueses amósanse encantados de ter fichado a Moncho López

O presidente da Federação Portuguesa de Basquetebol, Mário Saldanha, manifestouse "feliz" ao confirmar a contratación do novo seleccionador nacional até o Europeo de 2009.


6/Febreiro/2008 /

Xa temos selección nacional de fútbol sala

Despois da de baloncesto ou balonmán chegou a do fútbol pequeno, de tamaño, pero non menos espectacular. Os seleccionadores: Pardeiro do Burela, e Bruno García, do Azkar.


18/Xuño/2007 /

Dez medallas nunha soa fin de semana para as Seleccións Galegas

A Selección Galega de Pesos Olímpicos conquistou cinco na "Copa de S.M. EL Rey" e a Selección Galega na categoría de Adultos acadou tamén dous ouros e tres bronces no Campionato Estatal de Técnica.