A Selección Galega de Pesos Olímpicos conquistou cinco na "Copa de S.M. EL Rey" e a Selección Galega na categoría de Adultos acadou tamén dous ouros e tres bronces no Campionato Estatal de Técnica.
Os galegos e galegas que competían en pesos olímpicos, cuxos resultados puntuaban para o ránkin olímpico de 2007, conseguiron un ouro, unha prata e tres bronces.
A selección terminou o campionato co ouro de Estefanía Hernández (Clube Natural Sport-Riveira) en -57kg, a prata de Lúa Piñeiro (Clube Olímpic-Vilagarcía) en -67kg, e os bronces de Ileana Rodríguez (Clube Area-Vigo) en peso pesado, Eric Benito (Clube Athenas-Vigo) en -58kg e Pablo Casares (Clube Kiap-Vigo) en peso pesado, quedando a Galiza clasificada no segundo posto.
En canto á Selección da categoría de Técnica para adultos, foi a parella formada por Samuel Meilán e Nerea Alamancos, ámbolos dous do Tao de Vigo, a que gañou a medalla de ouro, mentres o trío formado polos deportistas do clube Kiap de Vigo Alfonso Guedella, Francisco Penín e Oscar A. Rey conquistaron o bronce.
Ámbolos dous campionatos celebráronse en Gandía (Valencia) durante a fin de semana.