Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: i-d-i

30/Marzo/2010 /

Os fondos europeos en Galiza: un feixe de cartos mal aproveitados

Analizado o treito 2000-2006, un estudo advirte do frouxo aproveitamento real dos cartos chegados da UE.


26/Novembro/2009 /

Canteira de inventores en Galiciencia 2009

Arredor de 50 proxectos de I+D+i elaborados por estudantado galego, catalán e vasco concorren até o venres na feira científica máis importante do país.


28/Outubro/2009 /

As empresas do país achéganse á media europea no investimento en innovación

Gastan o 2% en I+D+i con respecto ás súas vendas totais, o que as sitúa por riba da media estatal e das empresas que cotizan no IBEX 35.


3/Outubro/2009 /

Incerto futuro dun cento de traballadores de centros tecnolóxicos

A CIG critica o "desmantelamento" de estruturas de investigación e desenvolvemento tecnolóxico creadas polo bipartito.


5/Xullo/2009 /

As empresas innovadoras galegas non apostan polo cambio

Segundo un estudo, as firmas teñen unha visión optimista sobre a infraestrutura de I+D+i pero carecen dunha estratexia a longo prazo.


15/Xuño/2009 /

Economía e Industria presenta unha web para difundir o I+D+i do país

O portal aspira a se converter nun punto de encontro e divulgación das actividades relacionadas coa investigación que se fan en Galiza.


10/Febreiro/2009 /

O BNG propón duplicar o financiamento universitario e "dignificar" a investigación

O voceiro nacional do Bloque, Anxo Quintana, sinala como clave para o país a inxección económica na universidade e fixa a meta de acadar os 10.000 investigadores no sistema de innovación.


16/Decembro/2008 /

O investimento privado, chave para a competitividade en I+D+i

Un informe elaborado polo Consello da Cultura fai unha diagnose das iniciativas de innovación no país, aínda lonxe da media europea.


16/Decembro/2008 /

Galiza apaña 200 millóns do Banco Europeo de Investimentos

Automoción, renovábeis, biotecnoloxía, audiovisual e tecnoloxías da información e a comunicación absorberán o investimento.


3/Decembro/2008 /

O I+D+i do país preséntase perante Europa

Deuse a coñecer en Bruxelas a rede que integra 17 plataformas tecnolóxicas de sectores estratéxicos.


20/Outubro/2008 /

O Goberno seguirá a "apostar polo I+D+i como motor económico"

O vicepresidente da Xunta confía en que en 2010 se supere o 1,5% do PIB do país destinado á innovación.


Icos
24/Xuño/2008 /

Catro cooperativas leiteiras lideran un proxecto que aspira ao concurso eólico

Irá acompañado de investimentos por valor de 150 millóns de euros en proxectos industriais, ambientais e formativos.


28/Novembro/2007 /

Desenvolven un parche médico inspirado nas impresoras de inxección de tinta

O dispositivo permite introducir medicamentos máis complexos ca os parches actuais e non provocar as molestias das inxeccións.


5/Novembro/2007 /

A ciencia achégase á cidadanía

As actividades deste ano inclúen, como novidade, unha obra de teatro sobre a nanotecnoloxía.


17/Outubro/2007 /

Televés crea un sistema capaz de autenticar vídeos do Youtube

A nova marca de auga da firma galega poderíase usar como proba xudicial, pois é quen de determinar “co 100% de seguridade” se un vídeo foi manipulado.


16/Outubro/2007 /

Televés lanza unha "revolución tecnolóxica" contra a piratería

O fabricante galego logra a patente dunha marca de auga que “certifica a autenticidade das imaxes filmadas en vídeo”.


7/Outubro/2007 /

"Toda a televisión verase a través de internet"

Jacobo Penide, director de Arantia -firma galega que venderá á maior eléctrica francesa 5 millóns en produtos TIC- trata o destacado rol de Galiza no incipiente mercado da tv en liña.


6/Setembro/2007 /

En marcha un proxecto para conectarse á rede con enerxías renovábeis

O relatorio sobre o proxecto Belenus é unha das grandes atraccións das Xornadas De Software Ceibe da Universidade de Santiago


21/Agosto/2007 /

Un dos primeiros prototipos para sacar enerxía das ondas probarase en Galiza

A plataforma podería subministrar enerxía para 5.000 fogares e triplica a eficacia das boias actuais


Touriño na Toxa
30/Marzo/2007 /

Touriño: “O galego vende, en galego véndese, e véndese ben”

O presidente do goberno sinalou que "a utilización comercial e empresarial da lingua do país concita unha moi maioritaria aceptación por parte dos consumidores".