Zapatero dixo que é un momento "extraordinariamente oportuno" para acometela, porque os datos de paro e emprego evolucionan "favorabelmente".
Sindicatos, goberno e patronal
O presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, anunciou que o Consello de Ministros aprobará a reforma laboral o 16 de xuño "prodúzase ou non un acordo" entre sindicatos e empresarios.
Zapatero destacou que a reforma laboral é "necesaria" para axudar a crear emprego, reducir o paro e facer que no mercado laboral estatal haxa máis emprego indefinido que precario, aínda que recoñeceu que o acordo "non está nada doado de conseguir".
No entanto, asegurou que o Executivo que preside "ten xa perfilado o contido da reforma, que afectará a aspectos esenciais do mercado laboral".
Ademais, dixo que é un momento "extraordinariamente oportuno" para acometer a reforma, porque os datos de paro e emprego evolucionan "favorabelmente".