Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECORTE DE DEREITOS DOS TRABALLADORES

A crise grega, outro pretexto para “flexibilizar” o mercado laboral no Estado Español

O gobernador do Banco de España insiste en que Grecia demostra a necesidade dunha reforma.

Redacción - 17:41 03/05/2010
Fernández Ordóñez

Fernández Ordóñez

O sismo económico que fai tremer Grecia abre novas portas a un recorte de dereitos no mercado laboral estatal. O gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, aproveitou este luns para dicir que o executivo (de quen depende directamente) debe coller nota do que está a pasar en Grecia e “tomar medidas”. A receita é a mesma que vén pregoando dende hai un ano e que coincide coa demanda da patronal: a “flexibilización” do mercado laboral.

Para Fernández Ordóñez o acontecido en Grecia pon de manifesto que é preciso cambiar con urxencia o actual sistema de contratación. Aínda que o máximo responsábel do Banco de España non apuntou medidas concretas o seu posicionamento alíñase co dunha boa parte do empresariado que considera que é preciso reducir a indemnización dos traballadores despedidos. De feito, dende o entorno de Zapatero xa se suxeriu a posibilidade de xeralizar os 33 días por ano traballado fronte aos 45 días de máximo que se pagan na actualidade pola rescisión de contratos indefinidos. Mais tamén hai amplos sectores da patronal que consideran que incluso esta rebaixa sería insuficiente.

A ninguén se lle escapa que as palabras do gobernador do Banco de España intentan influir na opinión pública cando aínda está pendente un acordo entre empresarios e sindicatos para facer fronte á crise económica. Dentro do propio executivo español


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: