A Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública advirte dunha maior deficiencia presupostaria nos gobernos do PP.
Hospital de Lugo
O Goberno adica este ano 1.333 euros á cobertura sanitaria de cada cidadán, é dicir, 27 euros menos por persoa que nos orzamentos da Xunta de 2009. Atendendo a estes datos, a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) alerta sobre a insuficiencia do gasto sanitario per cápita, que se sitúa en Galiza por debaixo da media estatal (1.343 euros por persoa).
Nun estudo no que comparan o gasto sanitario de cada comunidade autónoma, a FADSP subliña que hai unha maior deficiencia presupostaria naqueles territorios que goberna o PP. Así, denuncian "diferencias notorias" no orzamento per cápita entre os gobernos que máis adican e os que menos: Euskadi destina 1.623 euros á sanidade de cada cidadán mentres que Baleares é o que menos gasta neste concepto (1.066 euros).
Finalmente, estas asociacións destacan que, como xa ocorrera no ano pasado, as comunidades gobernadas por progresistas teñen uns orzamentos per cápita maiores que as outras: 1.366 euros de media fronte a 1.317 nas gobernadas por conservadores. Do mesmo xeito, subliñan que o modelo de financiamento autonómico "non supuxo melloras nos orzamentos sanitarios por mor do seu carácter non finalista".