Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Un 20% menos

Unha débeda de Karpin obriga a reducir o orzamento da Fundación Ciclismo

O vicepresidente da entidade e secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa, confirmou, no entanto, que o equipo cumpriu os requirimentos da UCI para ter licenza en xaneiro.

Redacción - 11:00 31/12/2009
Valery Karpin, cando era patrocinador do equipo galego de ciclismo

Valery Karpin, cando era patrocinador do equipo galego de ciclismo

A Fundación Ciclismo Galego padece "un déficit importante", segundo o seu vicepresidente, Xosé Ramón Lete Lasa. A entidade, responsábel xurídica e administrativa do Xacobeo Galicia, está a sufrir a débeda contraída co equipo pola empresa Valery Karpin S. L., que patrocinou o equipo nos seus primeiros dous anos.

No balance a 30 de xuño detéctase ese déficit, aínda que Lete asegura que se cumpriron "en tempo e forma" todos os requirimentos da Unión Ciclista Internacional, polo que "o equipo terá licenza o 4 de xaneiro".

O tamén secretario xeral para o Deporte engadiu que "a viabilidade do proxecto pasa por xestionar a débeda”. A primeira medida que se tomou foi "a redución do orzamento do equipo nun vinte por cento con respecto a 2009", que quedou fixado en 2,9 millóns de euros.

Pola súa banda, Álvaro Pino deixou constancia de que a débeda terá unha influencia "cero" no potencial do equipo para 2010, mesmo asegurou que "creo ata que temos máis potencial, porque a situación do mercado permitiunos reforzarnos moi ben axustándonos ás limitacións que nos impuña o orzamento".


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: