Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MUNDO

Croacia elixe o presidente que a levará a Europa

O socialdemócrata Ivo Josipovic parte como favorito en todas as enquisas, mais é probábel que sexa necesaria unha segunda volta.

Redacción - 13:28 27/12/2009

A ex-república iugoslava, independente dende 1991, dá este domingo un novo paso cara a súa consolidación en Europa. Os croatas acoden ás urnas para elixir o novo presidente, nuns comicios que a diplomacia internacional agarda que sirvan para impulsar as ambicións reformistas do país de cara a súa adhesión á Unión Europea.

O candidato socialdemócrata Ivo Josipovic parte como favorito en todas as eqnuisas, mais é improbábel que consiga a vitoria na primeira volta, para o que sería preciso obter o 50% dos votos. Todo apunta a que Josipovic, profesor de 52 anos, acabará enfrontándose ao segundo candidato máis votado nunha eventual segunda votación, que se celebraría o vindeiro 10 de xaneiro.

Dos doce candidatos que comparecen, os catro máximos favoritos apostan pola integración de Croacia na UE, un proceso que entrará na súa recta final a partir do vindeiro ano. O gañador procederá con case total seguridade ben dos socialdemócratas, ben do actual partido de goberno, a conservadora Unión Democrática Croata (HDZ), moi debilitada nestes comicios.

Máis información:


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: