Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Avance cara á integración

Pasiños de Croacia e Serbia cara ao acubillo da Unión Europea

Explicou o comisario de Ampliación que Croacia sería o socio potencial que máis avanzou. A crecente colaboración de Serbia cos tribunais internacionais tamén lle fai gañar puntos.

Redacción - 09:00 07/11/2007

De "exemplo" para toda a zona dos Balcáns cualificou este martes o comisario encargado da Ampliación da Unión Europea, Olli Rehn, os avances de Croacia no seu camiño para a integración na UE. O comisario recoñeceu que o país vai firme nas reformas esixidas para entrar a curto prazo como socio da Unión Europea.

Máis lonxe estaría Serbia, pero Rehn quixo ser optimista esta semana e sinalou que o aumento da colaboración deste país co Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia son boas novas para o proceso. Con todo, advertiu de que aínda que se completase a primeira fase, pechada co acordo de asociación da UE con Serbia, este documento non será asinado até o momento en que se produza a entrega entre outros de Ratko Mladic, un dos máis significativos criminais de guerra que debe sentar diante do tribunal.

O informe anual sobre o conxunto dos países candidatos tamén deixa un pequeno xesto para Turquía, concedéndolle ao goberno turco a súa vontade "proeuropea" e destacando "algúns progresos" na democratización das institucións.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: