Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Organizado pola asociación Andaina

Comeza o Mufest, o primeiro I Festival de Cine feito por Mulleres

O Auditorio de Galicia, en Compostela, acollerá desde este venres até o domingo proxeccións, palestras e debates.

Redacción - 16:35 20/11/2009

Desde este venres, ás 17.30 horas, e durante toda a fin de semana desenvólvese no Auditorio de Galicia, en Compostela, o MUFEST, o I Festival de Cine feito por Mulleres. Un certame organizado pola Asociación Andaina Mulleres, que conta coa colaboración da Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Santiago.

O obxectivo é "fomentar a creación audiovisual das mulleres proporcionando un espazo para a exhibición e o debate, onde teñan cabida as novas creadoras profesionais ou afeccionadas". Dentro do programa, que inclúe diversas proxeccións, está prevista a presenza de autoras, produtoras e guionistas para compartiren as súas experiencias e os seus primeiros pasos no mundo audiovisual.


3/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: