Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOS ESTADOS UNIDOS

A tabacaleira Philip Morris terá que indemnizar unha fumadora con 300 millóns de dólares

A muller, que deixou o tabaco, está nunha cadeira de rodas por mor dun enfisema pulmonar.

Redacción - 10:38 20/11/2009

Un xulgado de Florida ordenou á tabacaleira Philip Morris compensar con 300 millóns de dólares á ex-fumadora estadounidense Cindy Naugle. Con 61 anos e en cadeira de rodas a causa dun enfisema pulmonar, gañou así unha longa batalla legal contra a maior empresa de tabaco dos EUA. Terá que pagarlle 56,6 millóns de dólares (37,9 millóns de euros) polos gastos médicos pasados e futuros e 244 millóns de dólares (166 millóns de euros) en compensación por danos.

Pola súa parte, Philip Morris xa anunciou que apelará o fallo, ao considerar que o total da compensación por danos é extremadamente excesivo e supón unha violación da Constitución". Este último é un máis dos oito mil casos que se iniciaron en 2006 contra as compañías tabacaleras logo de que Howard Engle gañase o seu xuízo contra Reynolds, un referente para todos os ex fumadores enfermos. Daquela, o proceso rematara cunha indemnización histórica de 145 mil millóns de dólares.

Así recollen a noticia:


2/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: