Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ESTUDO

Investigadores americanos aseguran ter identificado as moléculas do cancro no tabaco

A idea dun cigarro menos tóxico nun futuro suscita o escepticismo dos antitabaquistas

Redacción - 13:48 03/03/2008

Investigadores americanos afirman ter descuberto as bases moleculares canceríxenas causadas polo fume do tabaco. Este traballo, realizado baixo a dirección de Tzipora Goldkorn (departamento de medicina interno, Universidade de California), é obxecto dunha publicación no número de marzo do estudo da Federación das sociedades americanas de bioloxía experimental (Faseb).

Segundo os seus autores, o estudo podería conducir á creación de cigarros menos tóxicos e, se cadra, a abrir novas pistas terapeúticas fronte aos cancros broncopulmonares debidos ao consumo de tabaco.

Os investigadores californianos realizaron o seu traballo sobre un modelo "in vitro" de células pulmonares humanas. Expuxeron estas células aos distintos compostos tóxicos contidos no fume inhalado. Expuxeron en paralelo outras células a un só destes compostos, o peróxido de hidróxeno, coñecido polas as súas propiedades oxidantes. Despois da posta en incubación e análise das transformacións inducidas por estas manipulacións, os investigadores afirman, nos dous casos, ter atopado a base molecular dun proceso de transformación canceríxeno.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: