Unha vintena de cangueses contrarios á construción do porto deportivo en Salgueirón protestaron contra a entrada de varios vehículos cargados de pedra e terra.
Península do Morrazo, onde se pretende construír o porto deportivo
Dende primeira hora da mañá deste martes, varios camións estiveron trasladando material de obra ao lugar onde se prevé a construción do novo porto deportivo de Salgueirón, no porto de Massó, en Cangas. Así o denuncian dende este municipio veciños contrarios a esta actuación, que trataron de impedir o acceso dos vehículos. Segundo explican, a Garda Civil evitou que os manifestantes puidesen paralizar este traslado "actuando a modo de seguridade privada da empresa".
Cara o mediodía, unha vintena de veciños continuaban a manifestarse perante a obra, quen recordan que estes traballos non contan con licenza municipal. Dende o Foro Social de Cangas reiteran que as obras de Massó son "un atentado ecolóxico" e que, de completarse, suporían a perda de 500 empregos no mar e, en xeral, un ataque á veciñanza de Cangas.