Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tempada 2009-2010

O 11 de outubro volve o básquet grande: Xacobeo BluSens – Regal FC Barcelona

Ao Obradoiro tocoulle un óso ben duro de roer para o seu debut na ACB. O equipo inicia xa campaña de afiliación, na procura de 5 mil socios.

Redacción - 10:30 01/08/2009

Na casa e diante do poderoso Barcelona tocoulle aos composteláns poñer a andar o proxecto deportivo do CAB Obradoiro que, baixo os colores das marcas Xacobeo BluSens, ten cita fixada para o próximo domingo 11 de outubro na capital do país.

Até o Nadal, o equipo galego tocaralle viaxar a Valladolid, Vitoria, Manresa, Murcia, Sevilla, Donostia, Canarias e Alicante. Na casa, os seareiros poderán axitar forte as bancadas en apoio dos locais coas visitas sucesivas de Barcelona, Granada, Fuenlabrada, Unicaja, Valencia, Real Madrid e Bilbao. Serán, naquela altura do mércores 30 de decembro e cando chegue a Compostela o Bizkaia Bilbao Basket, un total de 15 xornadas onde xa teremos un balance significativo do potencial do cadro galaico. O calendario completo, na web da ACB.

Doutra banda, e alén do técnico andaluz Curro Segura, de cuxa contratación xa lles contamos esta semana, o equipo anunciou este venres que o cargo de director deportivo será asumido polo vilagarcián Alberto Blanco, coñecido adestrador que estaba traballando até o de agora no Unicaja á beira do prestixioso Aíto García Reneses. De paso, recordámoslles que o clube inicia a campaña de abonados para a tempada baloncestística. O formulario pode obterse na web Obradoirocab.com, e a xestión pode completarse de luns a venres, en horarios de 10 a 14horas e de 18 a 21horas nas instalacións do clube no Multiusos do Sar. O obxectivo: sumar 5 mil seareiros con carné.


5/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: