Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Eleccións Europeas

Igualdade, traballo e medios públicos

O PSOE destaca as políticas en favor da muller. O PP insiste en que o 7X Rajoy porá un pé na Moncloa. O BNG critica a censura nos medios públicos.

Redacción - 08:00 05/06/2009

"Os galegos saben que Galiza ten moito que dicir en Europa e saben que o PP será o antídoto contra o escaso nivel de negociación do Goberno Zapatero en Bruxelas e en Estrasburgo", insistiu Alberto Núñez Feijoo durante a súa intervención este xoves nun mitin do seu partido en Santiago.

A Voceiro do Grupo Parlamentario Socialista no Senado e senadora por Pontevedra, Carmela Silva, dixo que "España é exemplo para outros países de Europa en políticas de igualdade" durante a súa intervención nun encontro con mulleres, celebrado na agrupación socialista de Redondela.

"Queremos unha Europa que reduza a tremenda precariedade laboral que sufre a nosa mocidade", afirmou Ana Miranda na Coruña este xoves. "Votar BNG é votar non só polos sectores produtivos, senón pola defensa dos dereitos laborais que tanto nos custou conquistar e por que a nosa mocisade non siga padecendo unhas condicións de traballo cada vez máis precarias".


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: