Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Esta segunda feira

Black Dice abren o Sinsal verán, que trae a José González e Konono nº1

Wavves, Indómitos, Larsen, Little Annie e dous concertos de Current 93 en Compostela completan a programación.

Redacción - 09:00 04/05/2009

Se non podes ver en directo a Animal Collective, cando menos fai por ver a Black Dice, teloneiros habituais e protexidos da banda estrela do Sonar, e que veñen de publicar outro álbum moi sólido, Repo. Veñen de Brooklyn, e despois de cinco discos, vanlle engandindo novas influencias ao noise e á experimentación protoindustrial dos seus inicios: tropicalismo, punk, hiphop, un cóctel sonoro caótico que pelexa contra as liñas melódicas claras. Black Dice abrirán o luns 4 de maio, a partir das oito e media da tarde, no Marco de Vigo, a estación de verán do Sinsal7, que traerá a Galiza un feixe de concertos de enorme interese.

Destacan, sobre todo, os de José González e Konono nº1. O cantautor sueco de orixe arxentina pechará o 11 de xullo o festival. Con cancións sinxelas e introspectivas, sorprendeu no 2000 co seu primeiro álbum (Verneer), que continuou en 2007 con In our nature. A súa voz, que recorda por momentos á de Nick Drake, ofreceunos curiosas versións acústicas do Teardrop de Massive Attack ou do Love will tear us apart de Joy Division.

O concerto dos congoleses Konono nº1 vai ser especial por varios motivos. O pasado ano non puideron ofrecer o seu concerto en Sinsal por denegarlles a UE o visado para entrar en Europa, co que tiveron que cancelar toda a súa xira. Desta vez si amosarán en Vigo a música inverosímil que marabillou a Bjork produto da electrificación dos sons da etnia bazombo, e do uso de todo tipo de instrumentos, dende os máis tradicionais até a propia ferralla ou mesmo precaria tecnoloxía colonial, como os altofalantes que usaban os belgas para difundiren a súa propaganda.

Ademais, será moi interesante asistir ao programa dobre que preparan Current93 en Compostela na fin de semana das Letras. Polo colectivo formado por David Tibet, John Balance de Coil e Fritz Haaman en 1982 pasaron nos seus máis de 25 anos de historia artistas como Bjork ou Nick Cave. É a súa segunda visita ao Estado Español; en Compostela James Blackshaw, Baby Dee, Andrew Liles, Keith Wood e Alex Neilson presentarán o seu último traballo: Aleph at hallucinatory mountain.

Programa completo
4 de maio. Black Dice, MARCO, 20.30
14 de maio. Larsen + Little Annie, Salón Teatro (Compostela), 22.00
16 e 17 de maio. Current93, Salón Teatro (Compostela), 22.00
30 de maio. Wavves + Indómitos. MARCO, 21.00
20 de xuño. Konono No. 1, Centro Cultural Caixanova, 22.00
11 de xullo. José González, Centro Cultural Caixanova, 22.00


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: