Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
CANCELAN TODA A SÚA XIRA EUROPEA

Os congoleses Konono Nº 1 non estarán no Sinsal por non obter visados para entrar na UE

O concerto, cabeza de cartel do Sinsal Verán, estaba previsto para o 28 de xuño no Centro Cultural Caixanova.

Redacción - 10:00 20/06/2008

O cartel de verán do Sinsal vigués perde a un dos seus nomes máis destacados. Os congoleses Konono Nº 1 anunciaron este xoves que cancelaban toda a súa xira europea por problemas burocráticos coa Unión Europea, suspendendo, entre outros, o concerto que ían ofrecer o vindeiro día 28 de xuño no Centro Cultural Caixanova. O grupo leva máis dun mes retido en Kinsasha ao non ser quen de conseguir os visados precisos para entrar na UE, onde tiña contratada unha xira con 23 concertos, en espazos tan destacados como o Sónar de Barcelona, a Tate Modern de Londres, o Museu Serralves de Porto, e os festivais Jazzaldia de San Sebastián e La Mar de Músicas de Cartagena.

Konono nº1 leva máis de 25 anos tocando, liderados por Mingiedi, un virtuoso do likembé ou piano de polgar. Porén, a súa música comezou a soar en Europa apenas hai catro anos, e dende entón publicou tres álbumes: Lubuaku (2004), Congotronics (2005), Live at Couleur Café (2007). Nos últimos tempos foise convertendo nun grupo de culto, participando en importantes festivais de rock e novas músicas en todo o continente, e colaborando con numerosos artistas, como Bjork. Nos seus concertos destaca a utilización de equipos de amplificación rudimentarios, como un micrófono de madeira, un alternador de automóbil, e un altofalante xigante.

As contradicción entre as distintas embaixadas europeas contactadas, ademais das dificultades burocráticas propias da República do Congo, deron como resultado a suspensión dos concertos. "O espazo schengen é así", declara Michel Winter, o seu produtor e mánager, afincado en Bruxelas. "Todos lle pasan a pelota a outro e piden documentos diferentes. Van disuadir de vir a Europa a un grupo que gaña cartos, que mantén a ducias de familias e que non ten ningunha gana de vivir fóra do Congo, como demostra que sempre regresaran ao seu país logo das súas xiras internacionais".


5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: