Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"imos formular un bilingüismo amábel"

Feijoo matiza: están a estudar se "é necesario reformular o decreto" para deixarlles aos alumnos escoller

Ante a noticia de que Educación había mandar "de xeito inminente" unha circular para que o estudantado puidese elixir o idioma da aula, o presidente saíu ao paso, dicindo que estudan as posibilidades.

Redacción - 09:00 30/04/2009
Feijoo fixo estas declaracións na súa visita oficial á residencia do rei español

Feijoo fixo estas declaracións na súa visita oficial á residencia do rei español

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, matizou esta cuarta feira que Inspección Educativa está a estudar se é necesario reformar o Decreto 124/2007, que regula o emprego e promoción do galego no ensino, para poder enviar aos colexios unha circular pola que se lles permita aos alumnos elixir en que idioma queren dirixirse ao profesor ou examinarse.

Feijoo fixo estas declaracións tras a publicación, en dous xornais do país, da noticia de que el mesmo xa dera as instrucións precisas para que "de xeito inminente" comezase a distribuírse a tal circular, e que o equipo da Xunta estaba a consultar fontes xurídicas, que lle revelaran que todo se podía ir facendo, aínda habendo como marco legal o decreto do galego.

"Imos formular un bilingüismo amábel"
En declaracións aos medios ao término da audiencia que mantivo co Rei español no Palacio da Zarzuela, a quen garantiu que se levará a cabo unha política lingüística "amábel", Feijoo afirmou que o seu Goberno ha promover o galego, pero "sen imposicións", e destacou o valor da "liberdade" dos pais e alumnos para elixir a lingua de estudo.

"Imos formular un bilingüismo amábel, e levar a amabilidade lingüística da rúa e ás aulas", resaltou Feijoo, quen indicou que os esforzos da Xunta neste sentido buscan que os alumnos poidan dirixirse ao profesor ou examinarse no idioma que prefiran, medida que se implantará xa para o curso 2009-2010 -o mesmo no que está planeada a derrogación do Decreto 124/2007.


1,5/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: