Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Eleccións Galiza 2009

RSS de Eleccións Galiza 2009
A cara B das eleccións

Estoupa a campaña: Regueifa, sexo e auga salgada no entroido electoral

O Pinto de Herbón e Luís Caruncho, Susana Moo, e Pinto e Cobiñas entran na acción política para quentarlle as cabeciñas ao desmobilizado electorado. Non o perdan!

Redacción - 13:30 17/02/2009

"Éncheme de orgullo e satisfacción presentar o PPM", cóntanos Suso Lista arredor do Partido da Pesca e o Marisqueo. Velaí a última superprodución a pé de mar argallada por Furrelo Filmes. O botellón, a crise da pesca ou Facenda foron obxectivo da implacábel e sabia análise da parella de mariñeiros creada por Omar Rabuñal e Suso Lista. Agora, e a suxestión de Vieiros, a nova edición das aventuras de Pinto e Cobiñas, topa de cheo coa campaña electoral.

Ao tempo, o Pinto de Herbón e Luís Caruncho ofrecen lección gratis para a agarrotada e circunspecta clase política. Sen condicións e sen medo nin reparos ao debate. Xusto ao contrario que algún líder político do país. Velaquí os nosos líderes regueifeiros: Pinto de Herbón e Luís Caruncho, candidatos!, roendo áxiles na actualidade política e demostrando que, en tempo de crise económica, non hai crise nin escaseza de retranca e enxeño.

E a nosa cara B acende este martes entroideiro con outra faragulla de opinión destemida: Susana Moo, a quen lembrarán pola súa intensa participación no certame de relato erótico de Vieiros, Ferve a Rede, mételle temperatura á campaña electoral. Achegámoslles a súa primeira reflexión:

"Non quixera que un home con pito de rato fora o representante de Galiza"

Todo isto xa, e nos próximos días máis, no especial Galiza 2009.


4,94/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: