Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MAEMO

Nokia escolle software galego para a súa plataforma móbil

O cliente de Last.fm Vagalume, patrocinado pola compañía Igalia, foi distinguido cunha "Estrela Fremantle" e recibirá o apoio da empresa finlandesa.

Redacción - 19:35 29/01/2009
Fiestra do programa Vagalume

Fiestra do programa Vagalume

Nokia distinguiu unha aplicación galega como "Estrela Fremantle". A compañía finlandesa contribuirá ao desenvolvemento do proxecto de cara á próxima versión da súa plataforma de código aberto para dispositivos móbiles, Maemo. Xunto a outros sete proxectos, Vagalume, reprodutor musical integrado na rede social Last.fm, recibirá axuda, promoción e financiamento de Nokia de cara ao lanzamento de Maemo 5 (co nome clave Fremantle).

O proceso de selección levouse a cabo mediante unha consulta entre a comunidade Maemo, que escolleu as súas candidaturas. Despois valorouse a integración na plataforma e a súa utilidade complementaria ás ferramentas de Nokia.

Vagalume é un proxecto patrocinado pola empresa galega Igalia e desenvolvido por un equipo liderado por Alberto García, aínda que, como software libre que é, recibe achegas de xente de todo o mundo. É un cliente de Last.fm que funciona en contornos de escritorio Gnome, aínda que está especialmente deseñado para a plataforma Maemo, e mesmo dispón dunha versión para Windows.


5/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: