Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Libres de culpa

Seis prisioneiros de Guantánamo, listos para viaxar a Portugal

Lisboa ofreceuse a acoller presos do cárcere ilegal, no marco dunha iniciativa da UE, para facilitarlle a Estados Unidos o seu peche.

Redacción - 13:05 13/12/2008

Seis prisioneiros de Guantánamo, retidos no cárcere ilegal estadounidense para sospeitosos de terrorismo, están listos para viaxar inmediatamente para Portugal á espera de que Lisboa dea luz verde.

Anunciouno no semanario Expresso Clive Smith, director da ONG Reprieve, organización que representa legalmente na actualidade 33 dos perto de 250 prisioneiros que aínda permanecen na prisión de EUA en Cuba.

Ao respecto desta información, a eurodeputada socialista Ana Gomes comentou que os prisioneiros xa foron exonerados dos crimes dos que os acusaban, mais que non poden ser repatriados aos seus países de orixe xa que son lugares "onde se violan os dereitos humanos".

O ministro dos Negócios Estrangeiros, Luís Amado, anunciou esta semana que Portugal está disposto a acoller prisioneiros de Guantánamo no marco dunha iniciativa da UE para facilitarlle a Estados Unidos o seu peche. O goberno do país norteamericano valorou este venres positivamente a iniciativa.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: