Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Sóubose a pasada semana

Portugal deu o visto e prace a 56 voos que ían e viñan de Guantánamo

O goberno luso confirmou estas viaxes dende e para a base norteamericana. Os deputados do PCP volveron protestar.

Redacción - 14:30 23/05/2008
Protesta contra o cárcere de Guantánamo organizadas por AI

Protesta contra o cárcere de Guantánamo organizadas por AI

O goberno portugués confirmou esta sexta feira que foron 56 os voos que ían ou viñan da base estadounidense se Guantánamo, onde este país ten un centro de detención de prisioneiros estranxeiros, acusado máis de unha vez de estar moi lonxe da legalidade.

A confirmación foi feita a través de un informe que o Ministerio dos Transportes (responsábel do control do tráfico aéreo portugués) enviou a semana pasada á Assembleia da República, coa listaxe dos voos que pasaron polo país entre xullo de 2005 e decembro de 2007. Porén, os responsábeis do ministerio aseguraron descoñecer que se transportou nestas viaxes.

O informe chegou ás mans do deputado comunista Jorge Machado, segundo informa o Jornal de Notícias esta sexta feira. "A única conclusión posíbel é que subsiste a utilización do espazo aéreo portugués sen ningún tipo de control", díxolle Machado ao xornal, salientando que os últimos voos da listaxe son de decembro do ano pasado.

"Portugal continúa a ser cómplice, por acción ou por omisión, a pesar da denuncia pública e o escándalo" sobre o alegado transporte ilegal de sospeitosos de terrorismo para a prisión norteamericana, díxolle o mesmo deputada á Agéncia Lusa.

A listaxe, a primeira que chega ao Parlamento portugués case dous anos despois de que comezase a polémica arredor dos voos ilegais da CIA en Portugal e no Estado Español, parece confirmar algúns dados denunciados polos deputados do PCP, mais tamén por eurodeputados, como a socialista Ana Gomes.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: