O equipo vigués busca a súa segunda vitoria do ano ante o Lagun Haro Bilbo, que aínda non gañou ningún partido no que vai de liga.
O Aldasa Amfiv disputará este sábado o quinto partido da Liga Estatal de baloncesto en cadeira de rodas, ante o Lagun Haro Bilbo Básket. Dende que venceu ao Sandra Gran Canaria na segunda xornada do campionato, o Aldasa Amfiv perdeu con claridade os seus dous últimos partidos.
O rival do sábado parece idóneo para cortar esta xeira de malos resultados, xa que os biscaínos aínda non coñecen a vitoria no que vai de campionato. As principais ameazas do Lagun Haro son o escolta Avraham Lehram e propio adestrador, Javier Sandomingo. O técnico coñece perfectamente o xogo do equipo vigués, ao que adestrou até hai tres tempadas.
O partido xogarase o vindeiro sábado no pavillón de Bouzas, ás 18:30 horas.