Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ALDASA AMFIV 51 - 26 BASKETMI FERROL

O Aldasa Amfiv leva a Copa Galiza de baloncesto en cadeira de rodas

Os vigueses impuxeron o seu papel de favoritos no partido disputado o pasado domingo, no pavillón municipal de Tui.

Redacción - 11:20 27/10/2008
Xogadores do Aldasa durante un adestramento

Xogadores do Aldasa durante un adestramento

O Aldasa Amfiv revalidou o título acadado fai un ano, ao vencer na final da XXIII edición da Copa Galiza de baloncesto en cadeira de rodas, impoñéndose cun claro 51 - 26 ao Basketmi ferrolán. Os de Vigo marcaron un alto ritmo dende o comezo do partido, e xa no primeiro cuarto acadaron unha renda de 14 - 4. A partires de ese momento adicáronse a xestionar esta vantaxe, que mesmo foron aumentando co paso dos minutos. O encontro tivo lugar no pavillón municipal de Tui, no mediodía do pasado domingo.

Por parte dos vigueses destacaron Lorenzo Envó e Lalo, que sumaron 14 e 12 puntos respectivamente. Nos ferrolás os rexistros anotadores estiveron máis repartidos. Romero e Tesouro tiveron a honra de ser os máximos anotadores do seu equipo, con cinco puntos cada un.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: