O clube vigués e o ferrolán disputan, o domingo en Tui, a loita polo trofeo nacional.
O Aldasa Amfiv vigués e o Basketmi ferrolán disputarán este domingo, ao mediodía, no pavillón municipal de Tui, a gran final da Copa Galiza de baloncesto en cadeira de rodas.
Os ferroláns, que militan na Primeira División, tratarán de complicarlle a vida ao Aldasa Amfiv, favorito ao título, para evitar que os vigueses engadan, outra volta, este trofeo ao seu palmarés. Porén, os de Vigo chegarán algo máis cansos do normal á final, xa que o sábado xogan na terceira xornada de liga na División de Honra, contra o Fuhnpain Peraleda, que tamén presenta un balance de unha vitoria e unha derrota no que vai de campionato.