Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na procura da "partícula divina"

Crer en Deus cada vez é menos rendíbel

A casa de apostas irlandesa Paddy Power xa só paga a 4 contra 1 se se demostra a existencia dun ser superior.

Redacción - 10:15 09/11/2008

Crer na existencia de Deus nunca estivo tan pouco valorado. Polo menos, para a casa de apostas irlandesa Paddy Power. Dende que abriu en setembro a aposta de se existe unha divindade superior, as probabilidades baixaron de 20 contra unha até as catro contra unha actuais.

A aposta abriuse por mor da posta en marcha do acelerador de partículas LHC, que ten entre os seus obxectivos descubrir a chamada "partícula de Deus". As probabilidades da existencia de Deus chegaron a aumentar até 33 contra unha cando a infraestrutura multimillonaria tivo que ser pechada temporalmente por causa dun fallo magnético, o que provocou o desinterese dos apostadores.

Agora, o lanzamento dunha campaña a prol do ateísmo que colocou nos autobuses británicos a mensaxe "Probabelmente non hai Deus" volveu espertar o interese pola aposta. A casa de apostas pode perder 50 mil libras se se proba a crenza relixiosa. Un voceiro da empresa asegurou no Telegraph que a confirmación da existencia de Deus tería que ser verificada polos científicos e dada por unha autoridade independente antes de facer os pagamentos.

Paddy Power tamén conta con apostas como quen será o próximo papa católico e quen dirixirá a igrexa católica en Inglaterra e Gales.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: