Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Crise financeira

Londres nacionaliza parcialmente a banca británica en beneficio das entidades

O goberno anuncia un plan de rescate de 62 mil millóns de euros. Islandia estataliza o segundo maior banco do país e pide crédito a Rusia.

Redacción - 11:00 08/10/2008
O Reino Unido sae en axuda da súa banca

O Reino Unido sae en axuda da súa banca

O goberno británico anunciou un plan de rescate de 50 mil millóns de libras (uns 62 mil millóns de euros) para estabilizar o sistema financeiro do país, o que supón unha nacionalización parcial da banca.

Estes cartos servirán para comprar accións nos principais bancos, que este martes sufriron fortes caídas, de até case o 40% no caso do Royal Bank of Scotland (RBS). As institucións que confirmaron a súa participación no programa de recapitalización son o Abbey, Barclays, HBOS, HSBC, Lloyds TSB, Nationwide, RBS e Standard Chartered, aínda que se poderían adherir outros.

Ademais, o Banco de Inglaterra achegará outros 200 mil millóns de libras (máis de 250 mil millóns de euros) en forma de créditos a curto prazo co fin de que os bancos e as entidades hipotecarias dispoñan de liquidez.

Islandia tamén nacionaliza

Por outra banda, o goberno de Islandia nacionalizou o segundo maior banco do país, o Landsbanki, ao abeiro dun plan de emerxencia máis amplo, que en palabras do primeiro ministro, Geir Haarde, é o "máis radical" da súa historia. Ademais, o Kaupthing, a primeira entidade islandesa recibiu un préstamo de 500 millóns do Banco Nacional (Sedlabanki), que á súa vez aprobou un crédito ruso por catro mil millóns de euros.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: