Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A resposta dos EUA á crise financeira mundial

A Cámara de Representantes aproba o plan de rescate de Bush

Con 263 votos a favor e 171 en contra. Wall Street recibiu a noticia con moderación.

Redacción - 10:14 04/10/2008
Bush asinando o plan do secretario do Tesouro dos EUA, Henry Paulson

Bush asinando o plan do secretario do Tesouro dos EUA, Henry Paulson

A Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou definitivamente o plan de rescate financeiro promovido pola Administración Bush con 263 votos a favor e 171 en contra.

O plan, desenvolvido polo secretario do Tesouro, Henry Paulson, prevé destinar 700 mil millóns de dólares (480 mil millóns de euros) a mercarlles os activos ilíquidos aos bancos e reactivarlos mercados de débeda. O plan xa fora rexeitado a pasada segunda feira, polo que, desta volta a proposta incluía algunhas modificacións, como unha ampliación do seguro de depósitos bancarios e unha redución dos impostos. En Wall Street a medida foi recibida con moderación, aínda lonxe da euforia que moitos anticipaban.

O plan contou co apoio de 263 representantes, abondo por riba dos 218 que precisaba para saír adiante. Após catro horas e media de debate, que terminou coa intervención dos líderes de Republicanos e Demócratas e unhas palabras da presidente da Cámara de Representantes, Nancy Pelosi, quen afirmou que o seu desexo é "devolverlle a confianza ao pobo americano". Agora só resta que o presidente saínte dos EUA, George W. Bush, promulgue o texto de Lei. Despois de coñecer que este tiña sido aprobado, Bush dixo que "este paso representa unha acción decisiva para aliviar a crise crediticia que ameaza a nosa economía" e insistiu na súa crenza no libre mercado, aínda que subliñando que cando é preciso, "como é o caso", hai que intervir.

Ampliar información aquí:



0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: