Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
ENERXÍA LIMPA

Arranca o quinto rally solar europeo

Na carreira, que parte de Badalona, participan vehículos que non empregan combustíbeis de orixe fósil.

Redacción - 14:15 30/05/2008

Este venres comeza o quinto Rally Solar Europeo, que partirá da cidade catalá de Badalona e rematará en Tolosa o 7 de xuño. Os requisitos para participar na competición, que organizan Volt-Tour e Phebus Ariège, é que os vehículos non boten fume e fagan tan pouco ruído como sexa posíbel.

A carreira ten como obxectivo divulgar as novas tecnoloxías da propulsión como alternativas aos carburantes fósiles, e o feito de que é posíbel usar na vida diaria automóbiles eléctricos. Tamén se pretende concienciar a poboación de que se deben abandonar os medios de transporte de combustión interna en favor de vehículos máis respectuosos co medio.

Os coches eléctricos que participan no rali recárganse con fontes de enerxía renovábeis, quer incorporadas no propio vehículo, quer usando instalacións fixas. E, como informa Vilaweb, o premio non é para o máis rápido, senón para o máis eficiente: o que consuma menos enerxía por quilómetro percorrido.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: