Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Após a declaración ante o xuíz Grande-Marlaska

Continúa a causa contra os catro independentistas acusados de queimar unha imaxe do rei

A pesares de que só un dos catro mozos se inculpou, segue o procedemento aberto contra os catro, e agárdase a petición do fiscal.

Redacción - 14:50 29/01/2008

Esta terza feira ás 10:00 horas da mañá entraban a declarar na Audiencia Nacional, ante o xuíz Grande-Marlaska, os catro mozos do Condado-Paradanta (Alexandre Bolívar, Cristopher Machado, Santiago Mendes e Carlos Pena), acusados de queimar unha efixie a tamaño real do xefe do Estado Español, o pasado 6 de decembro na manifestación pola autodeterminación convocada por Causa Galiza en Vigo.

Os catros mozos foron acompañados até Madrid por un autobús cheo de militantes da agrupación NÓS-UP (á que tamén pertencen) e varios solidarios, que se concentraron, namentres os seus compañeiros declaraban.

Segundo lle contou a Vieiros Bruno Lopes Teixeiro, responsábel de Organización da formación, na concentración, que se trasladou da porta da Audiencia Nacional até un punto intermedio entre este edificio e o do Tribunal Supremo, por obriga da policía española, había xente doutras organizacións como Izquierda Castellana ou Corriente Roja, que amosaron o seu apoio aos independentistas galegos.

Ao final, dos catro mozos só se inculpou dos feitos Alexandre Bolívar. Mendes dixo que só transportara a imaxe nun carriño, e Machado e Pena que lle axudaron a Bolívar, agochando as prendas coas que tiña tapado a súa face. Mais, a pesares disto, segundo dixo Bruno Lopes, a causa segue aberta contra os catro, e agárdase a decisión do fiscal, que ten un prazo de dez días para pedir unha sanción ou para arquivar a causa.

O máis probábel, segundo Lopes, é que lles poñan unha sanción monetaria; unha multa cuxa cantidade final variaría segundo a situación laboral dos mozos, que, segundo dixo, traballan os catro en precario.


Ligazóns

4,28/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: