Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Con prezos "máis atractivos", din

Valença busca atraer o sector do automóbil galego

O Diário de Notícias afirma que grupos galegos van incrementar o número de investimentos no municipio 'vizinho'.

Redacción - 14:30 21/01/2008

Segundo publica este domingo o Diário de Notícias, o feito de que os parques industriais de Galiza "están totalmente ocupados" e debido aos "prezos máis atractivos" que ofrece Portugal está a provocar que o sector do automóbil do noso país se instale "con forza" no municipio de Valença.

Está situación está a provocar que doutro lado da raia a oferta de predios se estea a limitar. Neste senso, o alcalde de Valença, José Luís Serra, afirma que o problema vai ser solventado e mesmo "potenciado" coa posta en marcha este ano da plataforma loxística de Valença, ao carón do parque empresarial, o que vai converter a Viana do Castelo nunha "rexión moi atractiva no futuro" para Galiza.

Dos novos investimentos salientan o do grupo Dayco-Ensa, unha empresa de produción de compoñentes para automóbiles. Está previsto que esta compañía con sede en Vigo instale unha segunda unidade fabril no polígono ao longo de 2008, sinalan no xornal portugués.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: